Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Febreiro 2010

Na miña computadora persoal teño a versión de Ubuntu 9.04 AMD64, e intentei instalar o Packet Tracer 5.0 versión i386, polo que non me deixaba instalalo. Pero atopei unha solución que non é moi fiable, pero que funciona, e de momento non me deu ningún erro.

Abrimos un terminal e imos ao directorio onde teñamos paquete .deb do Packet Tracer, e executamos :

sudo dpkg -i --force-all PacketTracer-5.0.i386.deb 

O único novo que apreciamos aquí é a orde –force-all, que o que fai é forzar máis aínda (que –force) a instalación; polo que non é un método moi seguro, xa que pode danar o sistema.

Read Full Post »

Packet Tracer é a ferramenta de aprendizaxe e simulación de redes interactivas para os instructores e alumnos de Cisco CCNA. Esta ferramente permítelle aos usuarios crear topoloxías de rede, configurar dispositivos, insertar paquetes e simular unha rede con múltiples representacións visuais.

Para descargar o Packet Tracer para Ubuntu en Taringa.

Read Full Post »

Cando usamos o teclado numérico no procedador de textos do OpenOffice e tecleamos un punto, pon unha coma. Para arranxar isto temos que seguir esta ruta:

Ferramentas -> Opcións -> Configuración de idioma -> Clave de separador decimal -> e desmarcamos a opción “Igual que a configuración local (,)”.

Read Full Post »

(máis…)

Read Full Post »

Existen dúas maneiras de activar os portos USB no VirtualBox. Soamente decir que esta maneira só funciona dende a versión de Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope.

(máis…)

Read Full Post »