Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Humor’ Category

Cowsay é un programa que xenera imaxes ASCII dunha vaca cunha mensaxe.

Para instalar cowsay en Debian, Ubuntu e Kubuntu:

apt-get install cowsay

E para instalar en Archlinux:

pacman -S cowsay

Para amosar unha vaca cunha mensaxe personalizado soamente temos que escribir nun terminal:

cowsay Ola son unha super-vaca

Para modificar ollos e boca cuns parámetros predefinidos da vaca temos as opcións: b, d, g, p, s, t, w.

Un exemplo cun destas opcións poderías ser: cowsay -b Morro co sono

Para modificarlle os ollos á vaca temos o parámetro e, e para modificarlle a boca empregaremos o parámetro T. Por exemplo: cowsay -eXX -TU Ola!

Se desexamos que non apareceza unha vaca, na seguinte ruta temos moitas imaxes ASCII que podemos escoller:

cowsay -f /usr/share/cows/koala.cow Ola!

Para rematar, se desexas que a vaca saia sempre ao iniciar no terminal soamente hai que engadir o código no ficheiro: ~/.bashrc

Advertisements

Read Full Post »

Humor Gráfico Linux (1)

Read Full Post »