Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Manuais’ Category

Cowsay é un programa que xenera imaxes ASCII dunha vaca cunha mensaxe.

Para instalar cowsay en Debian, Ubuntu e Kubuntu:

apt-get install cowsay

E para instalar en Archlinux:

pacman -S cowsay

Para amosar unha vaca cunha mensaxe personalizado soamente temos que escribir nun terminal:

cowsay Ola son unha super-vaca

Para modificar ollos e boca cuns parámetros predefinidos da vaca temos as opcións: b, d, g, p, s, t, w.

Un exemplo cun destas opcións poderías ser: cowsay -b Morro co sono

Para modificarlle os ollos á vaca temos o parámetro e, e para modificarlle a boca empregaremos o parámetro T. Por exemplo: cowsay -eXX -TU Ola!

Se desexamos que non apareceza unha vaca, na seguinte ruta temos moitas imaxes ASCII que podemos escoller:

cowsay -f /usr/share/cows/koala.cow Ola!

Para rematar, se desexas que a vaca saia sempre ao iniciar no terminal soamente hai que engadir o código no ficheiro: ~/.bashrc

Advertisements

Read Full Post »

Clonezilla é un software libre de recuperación de desfeitas; a súa función principal é a clonación de discos e particións para logo ser reproducidos noutro medio. A clonación do arquivo pode ser gardada coma unha imaxe, ou coma unha copia exacta dos datos. Os datos poden gardarse na computadora local ou nun servidor, e logo, restauralos nunha data posterior. Este software pode executarse nunha unidade flash USB ou en dispositivos de almacenamento óptico (cd/dvd).

(máis…)

Read Full Post »

De seguido aprenderemos como instalar Ubuntu 9.10 no voso computador mediante unha memoria USB.

Para iso, imos precisar dun programa chamado Unetbootin.

O Unetbootin é un software multiplataforma que permite a instalación de varias distribucións GNU/Linux dende unha memoria USB ou dende un disco duro USB sen precisar dun CD ou DVD.

(máis…)

Read Full Post »

Para crear unha máquina virtual, primeiro temos que inicializar o programa Virtual Box.

virtual1 (máis…)

Read Full Post »

Este é un pequeno manual de como descargar un vídeo da páxina web de Tve.

O primeiro que imos a facer é abrir o navegador Mozilla Firefox. Unha vez aberto, imos a instalar un programa chamado “Download Helper“. Este programa permitiranos descargar tanto vídeos de youtube coma da páxina web da Tve.

(máis…)

Read Full Post »