Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for the ‘Software Libre’ Category

Clonezilla é un software libre de recuperación de desfeitas; a súa función principal é a clonación de discos e particións para logo ser reproducidos noutro medio. A clonación do arquivo pode ser gardada coma unha imaxe, ou coma unha copia exacta dos datos. Os datos poden gardarse na computadora local ou nun servidor, e logo, restauralos nunha data posterior. Este software pode executarse nunha unidade flash USB ou en dispositivos de almacenamento óptico (cd/dvd).

(máis…)

Read Full Post »

Cando usamos o teclado numérico no procedador de textos do OpenOffice e tecleamos un punto, pon unha coma. Para arranxar isto temos que seguir esta ruta:

Ferramentas -> Opcións -> Configuración de idioma -> Clave de separador decimal -> e desmarcamos a opción “Igual que a configuración local (,)”.

Read Full Post »

De seguido aprenderemos como instalar Ubuntu 9.10 no voso computador mediante unha memoria USB.

Para iso, imos precisar dun programa chamado Unetbootin.

O Unetbootin é un software multiplataforma que permite a instalación de varias distribucións GNU/Linux dende unha memoria USB ou dende un disco duro USB sen precisar dun CD ou DVD.

(máis…)

Read Full Post »

Dia é unha aplicación informática de propósito xeral para a creación de diagramas, desenrrolada como parte do proxecto GNOME.

Dia está diseñado coma un sustituo da aplicación comercial Visio de Microsoft. Pódese empregar  para dibuxar diferentes tipos de diagramas. Actualmente incluense diagramas entidade-relación, diagramas UML, diagramas de fluxo, diagramas de redes, diagramas de circuitos eléctricos, etc.

Read Full Post »

Para crear unha máquina virtual, primeiro temos que inicializar o programa Virtual Box.

virtual1 (máis…)

Read Full Post »

A máquina virtual é un software que emula a un ordenador e pode executar programas coma se fose un ordenador real. Este software no eu comezo foi definido coma “un duplicado eficiente e aislado dunha máquina física”.

Unha característica esencial das máquinas virtuais é que os procesos que se executan están limitados polos recursos e abstraccións proporcionados por elas. Estos procesos non poden fuxir de este “ordenador virtual”.

Uns exemplos de máquinas virtuais son: VirtualBox, VMware, Virtual PC.

Read Full Post »

Acerca de ubuntu

Traballo feito co Open Offce, no que fala dunha pequena introducción acerca do sistema operativo ubuntu, así coma de termos coma GNU,GPL,etc…

Podedes descargar o PDF “Acerca de Ubuntu” na seguinte ligazón.

Read Full Post »

Older Posts »