Rede de ordenadores: é un sistema de ordenadores (ou equipos) e outros dispositivos (impresoras, discos duros en rede, etc.) conectados mediante un soporte físico (cables, para a transmisión de sinais eléctricos ou ópticos, aire, para a transmisión de sinais electromagnéticos, etc.) entre sí.
Clasificación de redes segundo a escala:
- Redes de área local LAN: É un conxunto de elementos físicos e lóxicos que proporcionan interconexión entre dispositivos nun área privada e restrinxida. Defínese tamén polas seguinte catro características:
○ Área xeográfica limitada: unha oficina, unha planta ou un edificio enteiro ou, como moito,
un campus enteiro.
○ Velocidade de transmisión relativamente elevada.
○ Privada, é dicir, os equipos e medios de transmisión pertencen á mesma organización.
○ Fiabilidade nas transmisións. A tasa de erros soe ser baixa, logo son redes moi seguras. - Redes de área metropolitana MAN: é unha rede de distribución de datos para un área xeográfica no contorno dunha cidade, é dicir, non máis dunhas poucas decenas de kilómetros.
- Redes de área extensa WAN: é aquela que intercomunica equipos nun área xeográfica moi amplia, a nivel nacional, internacional e incluso planetario, coma no caso de Internet.
- Redes de área persoal PAN: referirse a redes que conectan dispositivos a poucos metros de distancia e normalmente para uso persoal ou a nivel dun posto de traballo.
Clasificación segundo a tecnoloxía de transmisión:
- Redes de difusión (Broadcast): son redes cun ámbito xeográfico moi reducido que conectan un número de equipos tamén moi limitado (non máis de 10 ou 20). Son redes moi simples nas que os equipos e dispositivos se conectan a través dun único cable ou un concentrador (HUB).
- Redes punto a punto: Son redes nas que as conexións entre as máquinas establécense mediante dispositivos de interconexión, que garantizan a independencia dos enlaces. É dicir, non existe un medio de comunicación compartido por todos, senón que no momento en que dúas máquinas desexan comunicarse, establécese entre elas un medio adicado, o que permite a comunicación entre elas sen que ninguén as interrumpa.
Clasificación segundo a forma de ofreces servizos:
- Redes entre iguais: é a forma máis básica, e consiste en que todos os ordenadores poñen a disposición dos demáis os recursos de que dispoñen, fundamentalmente discos e impresoras.
- Redes cliente-servidor: consisten en privilexiar polo menos a un dos ordenadores otorgándolle capacidades engadidas en forma de servizos que ofrece ao resto da rede. Estes ordenadores chámanse servidores.
- Sistemas distribuidos: é un sistema máis complexo no que se conectan varios ordenadores e se procura crear un contorno de utilización tal que o usuario non perciba a existencia de múltiples sistemas, senón que ante él todo aparece coma un único sistema virtual.
Clasificación segundo o medio de transmisión:
- Redes cableadas: on aquelas que utilizan canais condutores (cables) para a transmisión do sinal.
- Redes inalámbricas: Utilizan o espacio libre para comunicarse mediante a transmisión de ondas electromagnéticas (onda curta, microondas, satélites, etc.).